Gabriel Martínez e Luís Guilbert, campións por partida dobre

Pistoletazo de saída para os infantís coa dúas primeiras regata da liga de promoción, disputada o domingo 29 de marzo en Verducido e o domingo 5 de abril en Castrelo de Miño.

IMG_5753
Foto: Emilio Medina

 

O Ribeiras do Tambre demostrou nesta Semana Santa o bo facer que se está a facer nestes últimos anos e xa está entre os clubs top de Galicia en cánto á categoría Infantil se refire. Na segunda regata, o club alcanzou o cuarto posto na categoría masculina e o terceiro na feminina, que, sumados os puntos nunha clasificación conxunta auparían ao club ao segundo mellor club de Galicia nestra proba, dun total de 34 clubs de toda a xeografía galega.

I REGATA. 29/03/2015. VERDUCIDO (PONTEVEDRA).

O domingo 29 arrancaba a temporada oficial da liga de promoción, e o club desplazábase ata o encoro Pontillón do Castro de Verducido (Pontevedra) para inaugurar unha temporada que se presenta exitosa. Coa importante baixa de Ángel González, o Ribeiras do Tambre presentaba na liña de saída 14 infantiles e 2 alevíns A.

As dúas primeiras probas, de carácter amigable, estaban destinadas para a categoría Alevín A, tanto masculina como feminina. Laura Ardión, na categoría feminina, logrou un magnífico decimosegundo posto nunha regata moi disputada. Na categoría masculina, Luís Guilbert logrou proclamarse campión da súa categoría con certa autoridade, nunha proba con máis de 50 padexeiros.

11048647_368940503301126_8359102066427813853_o

Xa na categoría infantil, era o turno das mulleres infantiles B k-1, onde ata 5 padexeiras amienses tomarían parte. A proba estivo marcada polo mal facer duns árbitros e dunha federación que non está a altura do nivel dos padexeiros e clubs galegos. Con case dez minutos de adianto e coas nosas padexeiras embarcando deron a saída. As nosas, a pesares da considerable desvantaxe coa que partiron lograron repoñerse á situación e lograr uns resultados espectaculares. Sara Tomé, nunha moi boa remontada, acadaba o posto 17. Shenoa da Silva e Alicia Medina, ambas de menos a máis, acadaron os postos 28 e 32 respectivamente. Pola súa parte, Belén Gosende e Ana Zaballa sufriron sendas caídas, pero aínda así, conseguiron rematar a regata dentro de control, nas posicións 40 e 42.

Na categoría Home Infantil B K-1, Bernabé Pais lograba o posto 23 e Ismael Docampo 31ª posición.

Nas dúas últimas regatas, destinas aos Infantiles A k-1, en categoría femenina, Lorena Viaño lograba unha magnífica 5ª posición, mentres que Andrea Tuñas fixo unha moi boa regata e logrou rematar 20ª. Na proba raíña da mañán, Home Infantil A K-1, o Ribeiras do Tambre contaba coa baixa de Ángel González, pero presentaba na liña de saída cinco embarcacións. A proba estivo dominada polo noso padexeiro Gabriel Martínez de principio a fin, logrando impoñerse con gran autoridade. Gonzalo Diz, tras remontar tras uns problemas na saída, logrou ser séptimo e Juan Alfredo Martínez foi décimo. Pola súa parte, Rubén Tomé acadou a 29ª posición e Álvaro Fernandez no posto 46, ambos realizando unha proba magnífica.

11027518_368940173301159_263851705396699612_o

En canto á clasificación final por clubs, e coa novidade da separación final entre masculina e femenina, o Ribeiras do Tambre logrou ser o sexto posto na masculina e a cuarta na femenina. Nunha clasificación conxunta, o club acadaría o cuarto posto, tan só por detrás do Pontecesures, As Torres e Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.

11103181_368940719967771_8675272124843914722_o

II REGATA. 05/04/2015. CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

Tan só unha semana máis tarde, chegaba a segunda proba. Mesmas probas, mesmos participantes, pero nun novo escenario, Castrelo de Miño (Ourense), un emprazamento magnífico recuperado para este 2015. Nesta ocasión, a presencia de Ángel González fixo posible que o club acadara uns resultados colectivos moito mellores que na proba de Verducido.

En canto aos primeiros participantes, os Alevíns A, Laura Ardión e Luís Guilbert practicamente calcaron os resultados acadados a semana anterior. Laura logrou cruzar a liña de meta no posto 14 mentres que Luis lograba o segundo ouro da temporada, mostrándose así como o rival a batir na categoría masculina.

IMG-20150405-WA0013

Nas probas dos Infantiles B e sen sobresaltos na saída da regata femenina, Sara Tomé logrou entrar no top10, acadando a décima posición. Belén Gosende, Shenoa da Silva e Alicia Medina entrarían en meta pouco despois, no postos 26, 31 e 38 respectivamente. Pola súa parte, Ana Zaballa volvía a sufrir un percance na proba, rematando na auga, pero rápidamente se sobrepuxo para entrar en control, acadando o posto 47. Na categoría masculina, os dous representante de Ames lograban mellorar as posicións da semana pasada, sendo vixésimo Bernabé Pais e vixésimo sexto Ismael Docampo.

Xa nas probas dos Infantiles A, resultados moi semellantes respecto á primeira proba da Liga. Lorena Viaño foi sexta e Andrea Tuñas finalizou no posto 22 na proba feminina. Pola súa parte, na regata dos Home Infantil A k-1, os nosos seis representantes competiron igual de ben que o resto de compañeiros. Gabriel Martínez lograba impoñerse de novo, alcanzando así o seu segundo ouro da temporada. Na cuarta posición chegaba á liña de meta un Ángel González que loitou polas medallas nos primeiros compases da proba pero que faltáronlle folgos na segunda metade do recorrido. Pouco despois chegaban Gonzalo Diz, oitavo, e Juan Alfredo Martínez, que logrou a 13ª posición. Rubén Tomé foi finalmente 37º e Álvaro Fernández, tras un pequeno percance durante a proba, foi o número 50 na liña de meta.

IMG-20150405-WA0012

Nas clasificacións finais por clubs, o club foi cuarto na categoría masculina e terceiro na feminina. Nunha clasificación conxunta de ambas, o club foi o subcampión desta II Regata de Promoción, por detrás tan só do Náutico Pontecesures, nunha listaxe de 34 clubs participantes de toda Galicia.

Resultados dificilmente mellorables nestas dúas primeiras regatas de Infantiles. A próxima cita para estes rapaces xa será coa disputa do Campionato de España de 3000 metros, o 10 de maio, en Trasona (Asturias).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s