Irene Mirás, quinta na Copa de España 1000 m.

A pasada fin de semana disputouse no encoro de Trasona (Asturias) a Copa de España sobre 1000 metros.

16595186223_e4bf6f12df_o

O Ribeiras do Tambre desplazouse ata a localidade asturiana de Avilés para participar na segunda proba nacional da temporada, a Copa de España sobre os 1000 metros. Á cita, reservada para padexeiros júniors e séniors, acudiron os dous deportistas amienses da categoría junior.

Carlos Balsa foi o primeiro en saír a escena, coa contrarreloxo na categoría Home Júnior K-1. Tan só nove prazas estaban en xogo para as semifinais logo de que do Campionato de España de Inverno saísen 18 cabezas de serie. Finalmente, Carlos non puido clasificarse, acadando o posto 30 na serie clasificatoria.

Pola súa parte, Irene Mirás era a representante do Ribeiras do Tambre na categoría Muller Júnior K-1. Nesta categoría non existirían cabezas de serie, ao non disputarse a proba clasificatoria sobre 2000 metros no pasado Campionato de España de Inverno. Así pois, estaban as 27 prazas de semifinais en xogo. Irene, nunha distancia non olímpica para as categorías femininas, lograba clasificarse para as semifinais, ao marcar o segundo mellor tempo da serie clasificatoria.

Encadrada na segunda semifinal, Irene non tivo problemas para clasificarse para a final pola loita das medallas, nunha proba dominada polas padexeiros galegas. Carla Sieiro (Naval de Pontevedra) foi primeira, Irene segunda e Camila Morison (Náutico Pontecesures) terceira.

Xa na gran final, e con todas as grandes favoritas clasificadas para a loita das medallas, estaba na liña de saída a nosa padexeira Irene. A proba estivo dominada de principio a fin polas deportistas do Náutico Pontecesures, Raquel da Costa que logrou impoñerse por ta só sete décimas a Camila Morison. Así pois, a emoción estaba na loita pola medalla de bronce, onde pelexaba Irene. Finalmente, a catalana Laia Pelachs (Natacio Banyoles) conseguiu esos metros de ventaxa que lle outorgaban o terceiro posto sobre Irene que entraría quinta na liña de meta, prácticamente co mesmo tempo que Carla Sieiro que finalmente foi cuarta.

Na clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 44 con estos dous únicos representantes, dun total de 71 club participantes de toda España.

IMG-20150420-WA0003

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s