O Ribeiras do Tambre séptimo no Campionato de España de Infantiles

Este séptimo posto é o mellor resultado como club a nivel nacional nos 30 anos de historia do club.

P17351631249_4552d783af_k

O pasado domingo disputábase no encoro de Trasona (Avilés) o Campionato de España de Infantiles, sobre 3000 metros e o club desplazaba a un total de 15 deportistas da categoría infantil.

Nun día espléndido meteorolóxicamente falando e cunha lámina de auga inmellorable para remar, as kayakistas femininas Infantil B foron as primeiras en participar. Por parte do Ribeiras do Tambre, tomaban a saída Alicia Medida, Ana Zaballa, Belén Gosende, Sara Tomé e Shenoa da Silva. Tras un percorrido sobre dúas voltas de 1500 metros, as nosas padexeiras lograron moi bos resultados. Así pois, Sara foi 31ª, Ana 41ª, Belén 51ª, Shenoa 52ª e Alicia 56ª. Unha hora máis tarde era o turno para os kayakistas masculinos Infantil B, onde participaban Bernabé Pais e Ismael Docampo como representantes amienses. Na liña de meta, Bernabé chegaba no posto 60 e Ismael no 70.

A continuación era o turno da categoría Infantil A, con Lorena Viaño e Andrea Tuñas na categoría femenina K1. Tras o mesmo percorrido que os infantiles de primeiro ano, Lorena cruzaba a liña de meta nun magnífico posto 15, competindo de xeito impecable de comezo a fin. Pola súa parte Andrea lograba rematar tamén nun moi bo posto 53, a pouco máis de 3 minutos da primeira clasificada.

Na última proba do campionato, Infantil A Home K1 chegaba a máxima representación por parte do noso club, con seis padexeiros: Álvaro Fernández, Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Juan Martínez e Rubén Tomé. Na proba máis numerosa da xornada, Gabriel Martínez cruzaba a liña de meta na 9ª posición, a 40” da cabeza. Pouco despois chegaba Ángel, no posto 14, realizando unha carreira magnífica. Gonzalo chegou no posto 42, Juan foi 58º, Rubén cruzou a liña de meta sendo 81º e Álvaro chegou no posto 109.

Na clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre finalizou na séptima posición, no que foi o mellor resultado a nivel de club nos seus 30 anos de historia, tan só por detras de As Torres de Catoira, Náutico Pontecesures, Náutico de Sevilla, Piragüismo Aranjuez, Cidade de Pontevedra e Santiagotarrak de Irún.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s