Tres de tres para Gabriel Martínez e o Ribeiras do Tambre roza o podium

Dous metais (ouro e bronce) para os nosos padexeiros na III Regata de Infantiles, disputada o pasado domingo en Lugo.

IMG-20150527-WA0010

O Ribeiras do Tambre desplazouse o pasado domingo a terras lucenses, para a disputa da terceira proba da Liga Galega de Promoción, en augas do río Miño, ao seu paso por Lugo. Á cita, acudiron 14 padexeiros amienses, sen Rubén Tomé, baixa por lesión que, posteriormente, foi clave na clasificación por clubs.

A primeira proba estaba destinada á categoría Muller Infantil B K-1, onde tomaban parte Alicia Medina, Ana Zaballa, Belén Gosende, Sara Tomé e Shenoa da Silva. Tras un percorrido total de 3000 metros sobre dúas voltas de 1500 m. as nosas deportistas lograron uns magníficos resultados. Sara e Ana entraban na liña de meta consecutivamente, logrando unhas moi boas 11ª e 12ª posicións. Belén e Shenoa tamén entraban consecutivamente pouco depois, nos postos 20 e 21. Pola súa parte, Alicia sufriu unha caída na liña de saída e tivo que facer unha regata a contrarreloxo, finalmente non puido entrar na zona de puntos, rematando no posto 43.

Pouco despois era o turno dos Homes Infatiles B K-1, con Bernabé Pais e Ismael Docampo como representantes do Ribeiras do Tambre. Tras unha saída moi convulsa con moitos participantes e pouco espazo, Berbabé conseguiu escapar das aglomeración, mentres que Ismael quedaba enganchado con outros participantes pouco despois da saída. Tras os 3000 metros, Bernabé cruzaba a liña de meta no posto 19, mentres que Ismael o facía no posto 43.

Xa nas probas destinadas aos Infantiles A, na categoría Muller K-1, tomaban a saída as nosas deportistas Andrea Tuñas e Lorena Viaño. Tras unha saída sen complicacións para as nosas, Lorena saída nos postos de cabeza e Andrea poucos metros por detrás. Na liña de meta, e logo das dúas voltas, Lorena finalizaba non magnífico 5º posto e Andrea foi 22ª, a pouco máis de dous minutos da primeira clasificada.

Na última regata, destinada á categoría masculina Infantil A k-1, tomaban parte Álvaro Fernández, Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz e Juan Martínez. Ao igual que na categoría inferior, saída multitudinaria nun espazo moi reducido. Gabriel, Ángel e Álvaro sairon sen complicacións, mentres que Gonzalo e Juan saíron con algún que outro atranco e foron pouco a pouco remontando posicións. Regata moi bonita na loita polos postos de podium, que finalmente logrou impoñerse o noso padexeiro Gabriel, comandando toda a regata de principio a final. En terceira posición, e medalla de bronce, para Ángel, que fixo unha regata moi intelixente, e aproveitouse para alzarse no terceiro escalón do podium. Gonzalo, que tivo que ir remontando posicións, chegou finalmente a meta sendo 11º e Juan logrou o posto 22. Pola súa parte, Álvaro, que fixo unha regata intelixente, e con esforzo logrou chegar á meta no posto 50.

Así pois, na clasificación final por clubs, o club logrou ser séptimo na categoría masculina e cuarto na feminina. Nunha clasificación conxunta o Ribeiras do Tambre finalizaría cuarto, a tan só 54 puntos da terceira posición (As Torres de Catoira). Naútico de Pontecesures alzaríase coa victoria e o Cidade de Pontevedra sería segundo.

Magníficos resultados dos nosos padexeiros que confirman o bo traballo que se está a facer e que confirman ao club como un dos referentes a nivel Galicia e España en categoría Infantil.

IMG-20150526-WA0008

IMG-20150526-WA0009

IMG-20150527-WA0002

IMG-20150527-WA0008

IMG-20150527-WA0009

IMG-20150527-WA0011

IMG-20150527-WA0012

IMG-20150527-WA0013

IMG-20150527-WA0014

IMG-20150527-WA0015

IMG-20150527-WA0017

IMG-20150527-WA0018

IMG-20150527-WA0019

IMG-20150527-WA0020

IMG-20150527-WA0021

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s