Irene Mirás, participará no Mundial de Pista de Portugal

A nosa padexeira Irene logrou un posto de cara ao mundial o pasado sábado, na Copa de España sobre 500 m. ao finalizar na cuarta posición.

11262430_10204193687993472_8059694193934045530_o

Por segundo ano consecutivo, o Ribeiras do Tambre terá representación en competicións internacionais. Irene Mirás conseguiu un posto do Mundial Júnior e Sub23 de Portugal grazas ao seu cuarto posto na Copa de España sobre os 500m.

A pasada fin de semana, disputouse en en Verducido (Pontevedra) a Copa de España sobre 500 e 200 m. para as categorías júnior e sénior. Irene, única representante amiense, participaba nas probas do k-1 júnior femenino. A xornada arrancaba para primeira hora do sábado, coas probas sobre os 200 metros. Irene, clasificada directamente para as semifinais, non tivo problemas para meterse na final, ao lograr impoñerse na terceira semifinal, por diante de Laia Pelachs (Natacio Banyoles). Na gran final e con todas as favoritas na liña de saída, Irene lograba a quinta posición, un resultado moi positivo de cara ao gran obxectivo dos 500 metros.

Xa en horario vespertino, chegaba un dos momentos claves da temporada para Irene, pois estaba en xogo nada máis e nada menos que a clasificación para o Mundial de Portugal. Irene quedaba encadrada na primeira semifinal onde partía como gran favorita de cara a lograr unha praza na final. Tras os 500 metros, así foi. Irene volvía a impoñerse na semifinal, desta vez a Raquel Dacosta (Náutico Pontecesures) logrando o pase á final.

As boas sensacións mostradas nas probas matutinas dos 200 m. presaxiaban un bo resultado na final dos 500 metros. Nunha final dominada poas padexeiras do Náutico Pontecesures, Camila Morison e Raquel da Costa, a emoción estaba na medalla de bronce. Finalmente Irene estivo moi cerca, pero a catalana Laia Pelachs levouse o bronce, por diante da nosa deportista. Pero este cuarto posto sabía, se cadra, máis que a medalla, pois significaba praza no Mundial. Obxectivo cumprido.

O Mundial Júnior e Sub23 disputarase en Montemor-O Velho (Portugal) do 23 ao 26 de xullo. Neste 2015, esperamos que non se repita o sucedido no 2014, cando a falta de apoio económico, da Federación Española, fundamentalmente, e dalgunhas institucións, levaron á renuncia de Irene a participar no Mundial de Szeged (Hungría). O que Irene se gañou na pista co seu esforzo, que non llo quiten os que están sentados nos seus despachos.

Noraboa Irene!

P11200995_10204194592936095_7924009439224848515_o

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s