Dobre quinto posto para Irene Mirás en 500 m e 200 m.

Dous quintos postos, en 500 m. e 200 m. para Irene Mirás no Campionato Galego de Pista Individual.

11236558_717622708364727_268352353867786797_o

O pasado sábado disputouse no encoro de Verducido (Pontevedra) o Campionato Galego de Pista Individual, para as categorías júnior, sénior e veterano. O club presentouse no campionato coa representación de Alfonso Martínez e Alberto Viaño como veteranos e Carlos Balsa e Irene Mirás como júniors.

Os primeiros en tomar contacto co encoro pontevedrés foron os veteranos. Alfonso, na categoría Home Veterano 40-44, e sobre a distancia de 1000 metros, tivo que pasar unha contrarreloxo para entrar na loita polas medallas. Finalmente non puido conseguir meterse entre os nove primeiros, finalizando no 12º posto. Pola súa parte Alberto Viaño, clasificado directamente para a final dos 1000 metros na categoría Home Veterano 35-39, foi descalificado por unha maniobra no sistema da liña de saída, que o árbitro interpretou como merecedora de castigo.

En categoría júnior, Carlos Balsa, na modalidade de k-1, non foi quen de superar as probas de contrarreloxo, acadando o posto 27 na distancia dos 1000 metros e 31 nos 200 metros. Na categoría femenina, Irene Mirás non tivo problemas para meterse na final pola loita das medallas, ao acadar o sexto posto nas contrarreloxos en ámbalas distancias (500 e 200 metros). Xa nas finais, Irene rematou en quinta posición en ambas distancias, quedando a  dous segundos do bronce, tanto nos 500 metros como nos 200 metros.

Este Campionato Galego de Pista completarase o vindeiro sábado coa disputa das probas de embarcacións de equipo dobres e cuádruples. A cita, volverá a ter como escenario o encoro de Verducido.

10914926_717618921698439_7792874432850208695_o 10985193_717620181698313_6447374647869350342_o 11402617_717621098364888_1554805093110137475_o

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s