Ouro para ó K-2 Pachón-González na Copa de España Infantil

Séptimo posto para o Ribeiras do Tambre na Copa de España de Infantiles sobre 3000 m. disputada en Zamora o pasado sábado.

IMG_8800

O Ribeiras do Tambre desprazouse ata augas do río Duero en Zamora para a disputa da Copa de España de Infantiles, sobre a distancia dos 3000 metros. Un total de 15 padexeiros amienses tomaron parte desta proba a nivel nacional, celebrada o pasado sábado.

Probas individuais k-1.

Na xornada matutina participaron as embarcacións individuais. As primeiras en tomar contacto coas turbias augas de Zamora foron as Mulleres Infantiles B K-1, onde Alicia Medina, Ana Zaballa, Belén Gosende, Sara Tomé e Shenoa da Silva estaban colocadas na liña de saída. Por diante, un percorrido total de 3000 metros, divididas en dúas voltas, moi pouco visible dende as ribeiras. Antes de que as primeiras cruzaran a liña de meta, aparecía a nosa padexeira Ana sendo remolcada por unha lancha de salvamento, onde unha rotura de timón a privou de rematar a proba. A primeira amiense en cruzar a liña de meta foi Sara, nun moi bo posto 29. Pouco despois, chegaban Shenoa e Belén, nos postos 41 e 47 respectivamente, mentres que Alicia, que hai cousa dun ano non sabía que era isto do piragüismo, rematou no posto 54.

Media hora despois da primeira saída, era o turno dos Homes Infantiles B k-1, cos nosos representantes Bernabé Pais e Ismael Docampo. Mala sorte para os nosos padexeiros, que nos 750 metros sufriron as consecuencias dunha proba moi numerosa e tiveron sendas caídas. Ismael, que perdera moito tempo, decidiu conservar as enerxías para as embarcacións dobres, mentres que Bernabé armouse de valor e finalizou a proba no posto 85.

A continuación, era o turno da categoría Infantil A. Na proba feminina do k-1, as nosas representantes na liña de saída eran Andrea Tuñas e Lorena Viaño. Nunha proba sen grandes complicacións para as nosas, Lorena cruzaba a liña de meta no posto 27, mentres que Andrea o facía no posto 49.

E xa na última regata matutina, era o momento dos homes k-1, coa gran representación do Ribeiras do Tambre con Álvaro Fernández, Ángel González, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Juan Alfredo Martínez e Rubén Tomé. A proba contaba con 115 deportistas de toda España. Saída limpa, a excepción dun toque no que se viron implicados Álvaro e Rubén, que fixo que perderan moitos metros nestes primeiros intres de regata. Ao finalizar os 3000 metros, Gabriel pelexou por unha medalla, pero finalmente non puido ser, e tivo que conformarse coa medalla de chocolate, ao finalizar cuarto. Ángel cruzaba a liña de meta sendo 17º, nunha moi boa regata, ao igual de Juan Alfredo, que rematou no posto 37. Pouco despois, chegaba Gonzalo, no posto 44. Un pouco máis retrasados chegaban Rubén e Álvaro, onde era case imposible remontar posición, e finalmente acadaron os postos 97 e 110 respectivamente.

Embarcación de equipo k-2.

Xa na xornada vespertina, era o turno das probas en k-2, primeiras da temporada para os nosos deportistas. En horario da siesta española, remaban as Mulleres Infantiles A k-2 coa nosa embarcación formada por Lorena Viaño e Andrea Tuñas. Sobre o mesmo percorrido que pola mañá, as nosas padexeiras finalizaron non moi bo 14º posto.

Pouco despois, era a turno das Mulleres Infantiles B k-2, con duas embarcacións do Ribeiras do Tambre, formadas por Sara Tomé e Ana Zaballa por un lado, e Shenoa da Silva e Alicia Medina polo outro. Na liña de meta, Sara e Ana finalizaron octavas, mentres de Shenoa e Alicia acadaron o 13º posto.

En categoría masculina Infantil B k-2, tomaba a saída a embarcación formada por Bernabé Pais e Ismael Docampo. Nunha regata na que a segunda volta se lle fixo larga de máis, cruzaron a liña de meta no posto 20. Na categoría Infantil A, tres embarcacións amiensen na saída, formadas por Gabriel Martínez e Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez e a de Rubén Tomé e Álvaro Fernández. Gabriel e Ángel dominaron a proba de principio a fin e lograron impoñerse na liña de meta, logrando a medalla de ouro, nun fermoso sprint á embarcación asturiana da Cultural de Covadonga. Pola dúa parte, Rubén e Álvaro entraron en liña de meta no posto 48, en tempo de control e a embarcación de Gonzalo e Juan sufriu unha caída e a tardanza das lanchas de salvamento fixo que fora imposible remontar posicións e finalizaron no posto 52.

A pesares de que a nivel individual sufrimos moitos percances que nos impediron meter máis embarcacións nos puntos, o Ribeiras do Tambre logrou un magnífico séptimo posto, igualando o acadado en Trasona no mes de maio. Un posto moi destacado entre os 67 clubs participantes de toda España.

Case sen tempo para o descanso, o próximo domingo, Campionato Galego de 3000 m. Infantil, a mediados de mes o Campionato de Galego de Pista e a finais o Campionato de España de Pista. Sen dúbida, un mes de xullo intenso para os nosos infatiles.

Noraboa a todos e moita sorte para o que se aproxima!

IMG_8676 IMG_8679 IMG_8696 IMG_8697 IMG_8705 IMG_8724 IMG_8729 IMG_8778 IMG_8780 IMG_8815 IMG_8830 IMG_8841 IMG_8848 IMG_8864 IMG_8886 IMG_8940 IMG_8974 IMG_9034 IMG_9076 IMG_9195 IMG_9256 IMG_9269 IMG_9286

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s