Bo papel de Martín del Río no Campionato Galego de Pista Cadete

Oitavo posto na final B sobre a distancia de 1000 metros e sexto na final b sobre a distancia dos 200 metros.

10365458_726343234159341_8890322535270276282_o
Foto: Santiago Pablo Leyenda Vilar

O pasado sábado, o Ribeiras do Tambre participou no Campionato Galego de Pista Cadete, no encoro pontevedrés de Verducido. Na cita, tan só un representante amiense, Martín del Río, que tomaría parte nas probas de k-1 1000 metros e k-1 2oo metros.

Sobre a distancia dos 1000 metros, Martín tivo que pasar por unha serie contrarreloxo eliminatoria para decidir as prazas nas finais. Con 38 padexeiros nesa serie, os nove máis rápidos irían á final A, mentres que do décimo ao 18º posto pasarían a final B. O resto de participantes quedarían eliminados. Así pois, Martín fixo unha boa serie clasificatoria e logrou o 16º mellor tempo, clasificandose para a final B. Xa na final, o noso padexeiro Martín logrou rematar no oitavo posto. Moi bo posto, a pesar de que a distancia dos 1000 metros non é a súa especialidade.

Nas probas sobre os 200 metros, Martín tamén tivo que pasar por unha serie clasificatoria, na que non tivo problemas para meterse nas finais, ao lograr o decimoterceiro mellor tempo, clasificado para a final B. Na final, Martín estivo loitando en todo momento polas primeiras prazas, nunha distancia na que as diferencias son couestión de décimas de segundo. Finalmente cruzou a liña de meta na sexta posición, co cuarto e quinto clasificado no mesmo segundo.

Na clasificación por clubs, irrelevante para o Ribeiras do Tambre ao acudir cun único padexeiro, o noso club rematou no posto 21 dun total de 27 equipos participantes.

Deja un comentario