O Ribeiras do Tambre quinto no Campionato Galego Infantil sobre 3000 m.

Lorena Viaño foi a mellor amiense no Campionato Galego de Infantiles ao finalizar quinta no k-1 Infantil A.

IMG-20150705-WA0003

Foto: Alba Viaño

Quinto posto para o Ribeiras do Tambre no Campionato Galego de Infantiles sobre 3000 metros, disputado en Verducido o pasado domingo. En ámbas as dúas clasificacións (masculina e femenina) o club situouse como o quinto mellor club de Galicia, dun total de 34 clubs participantes de toda a comunidade.

A nivel individual, cabe destacar o resultado de Lorena Viaño, que finalizou en quinta posición na categoría Muller Infantil A k-1, proba na que tamén participou Andrea Tuñas, que logrou un moi bo posto 24. Tamén moi bos resultados os de Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez na proba do Home Infantil A k-1, que tras unhas magníficas saídas, cruzaron a liña de meta na duodécima e décimo séptima posición, respectivamente. Na mesma proba, Rubén Tomé finalizou no posto 31 e Álvaro Fernández no 53.

A nota chamativa da xornada foi q que protagonizaron Gabriel Martínez e Ángel González, cando comandaban a proba do k-1 masculina Infantil A xunto con Xoel García (Kayak Foz) e non se percataron da primeira ciaboga e pasaronse de largo, feito que non desaproveitaron os seus rivais. Tras isto, puideron remontar algunhas posicións, para cruzar a liña de meta no séptimo e no oitavo posto.

Na categoría femenina do k-1 Infantil B, Sara Tomé logrou ser décimo cuarta, Belén Gosende chegou no posto 21 e Ana Zaballa e Shenoa Da Silva remataron o percorrido nos postos 25 e 28 respectivamente. Na mesma categoría infantil pero masculina, os nosos representantes foron Bernabé Pais e Ismael Docampo, lagrando dous bos resultados: 16º e 38º.

Con esta regata, finalizan as probas sobre 3000 metros da Liga de Promoción. Por diante, queda o Campionato Galego de Pista e o Campionato de España de Pista, ambos sobre 1000 metros.

Noraboa a todos e a seguir traballando!

Foto: Alba Viaño

Foto: Alba Viaño

Foto: Alba Viaño

Foto: Alba Viaño

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s