Luis Guilbert proclámase campión galego.

Medalla de ouro e dous décimos postos para o Ribeiras do Tambre no Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns.

11705612_404780333050476_2827162525681833323_o

Magníficos resultados os que trae o Ribeiras do Tambre no Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns, proba disputada o pasado sábado na localidade coruñesa de Narón. Cinco foros os padexeiros amienses que participaron neste campionato: Brais Pérez (Home Benxamín), Clara Zaballa e Carla Cantelar (Muller Alevín B), Laura Ardións (Muller Alevín A) e Luís Guilbert (Home Alevín A). Os nosos, chegaban a proba con moitas ganas, pois era a primeira gran cita da temporada, á espera de que comece a Liga Provincial no mes de agosto.

Os primeiros participantes foros os da categoría benxamín, onde non existían participantes amienses na proba feminina. Na proba masculina, presentábase Brais Pérez na liña de saída con moitas ganas de competir. Sobre un percorrido de 15oo metros, Brais fixo unha magnífica saída, colocándose nos primeiros postos, pero un toque pola parte de atrás dun compañeiro doutro club fixo que caera. Cando se montou de novo sobre a piragua, tiña perdidos máis de 300 metros. Brais sacou esa gran coraxe que o define e dispúxose para rematar a proba sen escatimar un gramo de esforzo. Isto tivo a súa recompensa, xa que tras afrontar a primeira ciaboga como o último clasificado comezou a adiantarlle a toda piragua que levaba por diante, cun ritmo propio dos primeiros clasificados. Antes de afrontar a segunda e última ciaboga, Brais xa deixaba a dúas ducias de compañeiros por detrás e estaba disposto a adiantar a outros tantos nos apenas 300 metros de regata que restaban. Finalmente, cruzou a liña de meta nun increíble posto 34, nunha proba de 60 participantes.

Clara Zaballa e Carla Cantelar serían as seguintes en participar, na proba Muller Alevín B. As nosas rapazas non tiveron grandes problemas nos primeiros metros de regata, e foron collendo o seu ritmo e as súas posicións. A pesar de que o estado da auga era magnífico, un lixeiro vento lateral incomodaba o palear d@s deportistas. Clara foi de menos a máis e pouco a pouco ía gañando posicións a medida que transcurría a proba. Carla, pola súa parte, mantivo un ritmo constante durante os 1500 metros e remaba na segunda metade do grupo. Finalmente, as nosas deportistas fixeron un excelente papel, onde Clara rematou no décimo posto, e Carla logrou ser vixésimo quinta.

As dúas últimas probas, estaban reservadas para os alevíns A. Na categoría feminina, a representante do Ribeiras do Tambre era Laura Ardións, unha auténtica veterana de tan só 11 anos que sempre participa nestas regatas con moito oficio e empeño. Laura tampouco tivo percances nestes primeiros metros, e, coñecedora de que estas probas duran 1500 metros, foi collendo o seu ritmo e pouco a pouco foi a máis. Laura “sufría” un pouco máis nos tramos onde o vento te frenaba maís e afrontou a última ciaboga en torno ao posto 12. Pero como gran veterana que é a nosa padexeira, Laura reservou esas forzas para o tramo final, onde deu caza as dúas rapazas que tiña diante para cruzar a liña de meta nun excelente décimo posto.

Na última proba, Home Alevín A, participaba Luis Guilbert, que estaba disposto a lograr un éxito similar ao acadado no 2014, onde se proclamou subcampión galego neste mesmo escenario de Narón. Ao igual que Laura, e a pesar de ser alevín, Luis tamén atesora unha gran experiencia e manexa estas situacións como un auténtico campión olímpico. Unha colocación excelente na liña de saída, propiciou unha magnífica saída, que o levou a comandar o grupo en solitario desde os primeiros metros. Cando chegou á primeira ciaboga, xa contaba cunha considerable vantaxe sobre os inmediatos perseguidores, que o levou a afrontar con certa tranquilidade os 1000 metros que aínda lle restaban. Na segunda ciaboga xa contaba con máis de 20 segundos de vantaxe e paseo triunfal ata a liña de meta, onde se proclamaba Campión Galego.

Na clasificación final por clubs, o Ribeiras do Tambre, a pesar de presentarse en Narón con só 5 padexeiros, logrou o vixésimo posto, nunha clasificación formada por 31 clubs de toda a xeografía galega.

Magníficas actuacións as dos nosos pequenos, que sen dúbida, disfrutaron dun día excepcional en Narón, cunha organización por parte do club local acorde ao que se merece a gran canteira do piragüismo galego.

Noraboa pequenos!

11053650_404780113050498_4445833790987088721_o

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s