Tres ouros e un bronce no Campionato Galego de Pista Infantil

Ademáis, un 4º, tres 5º e un 6º posto, os grandes resultados do Ribeiras do Tambre no Campionato Galego de Pista Infantil 1000 m.

11741147_406918042836705_429023781663645366_o

Foto: Emilio Zaballa

O pasado sábado, disputábase a última regata la Liga Galega de Promoción no encoro pontevedrés de Verducido. A gran cita galega a nivel infantil. O Ribeiras do Tambre acudiu a esta proba co seu equipo de gala: Alicia Medina, Álvaro Fernández, Ana Zaballa, Andrea Tuñas, Ángel González, Belén Gosende, Bernabé Pais, Gabriel Martínez, Gonzalo Diz, Ismael Docampo, Juan Alfredo Martínez, Lorena Viaño, Rubén Tomé, Sara Tomé e Shenoa da Silva. 15 padexeiros para competir en 10 probas, que lograron tres ouros, un bronce, un cuarto posto, tres quintos postos e un sexto posto como os resultados máis destacados polo nosos.

Na categoría Home Infantil A k-1, participaban Gabriel Martínez, Ángel González e Rubén Tomé como os nosos representantes. Na contrarreloxo que determinarían as prazas nas finais, Gabriel e Ángel clasificáronse para a final polas medallas, ao ser primeiro e cuarto, respectivamente, mentres que Rubén logrou meterse na final B, ao acadar o décimoquinto mellor tempo. Xa nas finais, Rubén conseguiu ser sexto na final B (décimoquinto posto xeral no Campionato Galego) mentres que na gran final polas medallas, Gabriel Martínez conseguía alzarse co título de campión galego, mentres que Ángel González cruzaba a liña de meta na terceira posición, logrando a medalla de bronce. Con estes resultados, ambos se desquitaban do erro da última proba de 3000 metros.

Foto: Emilio Zaballa

Foto: Emilio Zaballa

Na categoría femenina Infantil A k-1, as nosas representantes eran Lorena Viaño e Andrea Tuñas. Na serie contrarreloxo, Lorena acadou o séptimo mellor tempo, clasificada para a final A, mentres que Andrea quedouse ás portas da final pola loita das medallas ao ser décimosegunda, clasificada para a final B. Xa nas finais, Andrea, conseguiría ser sexta (décimoquinta no Campionato Galego) mentres que Lorena, na finalísima finalizou nun gran sexto posto.

Na categoría Muller Infantil B k-1, tomaban parte desta proba Belén Gosende e Alicia Medina. Na contrarreloxo, ningunha das dúas logrou a pase as finais (18 mellores tempos), a pesares do seu gran esforzo, e finalizaron o Campionato Galego nos postos 21 e 29 respectivamente.

Na categoría masculina Infantil B k-1, os nosos representantes eran Bernabé Pais e Ismael Docampo, onde este último non logrou meterse nas series finais ao ser 28º na serie contrarreloxo. Si o conseguiu Bernabé Pais, que acadou o décimosexto mellor crono, clasificándose así para a final B, onde tras un gran esforzo, rematou nun magnífico cuarto posto (décimoterceiro no Campionato Galego).

Con isto, remataban as probas reservadas para as embarcacións finais, pero antes do parón para a comida, faltaría a final do k-4 femenino Infantil B coas nosas representantes Sara Tomé, Ana Zaballa, Shenoa da Silva e Belén Gosende como grandes favoritas a lograr un dos postos do podium final. E así foi, comandando a proba de comezo a fin, lograron impoñerse con autoridade e proclamarse campeonas galegas.

10623658_406917736170069_2494962271497366128_o

Foto: Emilio Zaballa

Con estas probas, remataba a xornada matutina, cos magníficos resultados dos nosos padexeiros e con tres metais ás nosas costas.

Xa nas probas vespertinas, os k-2 eran os primeiros en saír a escea. Na categoría masculina Infantil A, na liña de saída, o k2 de Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez e o de Rubén Tomé e Álvaro Fernandez, dispostos a continuar cos bos resultados alcanzados ata o momento. Na serie contrarreloxo, o k2 Tomé-Fernández quedaba fora das finais, ao lograr o vixésimo mellor tempo. Sen embargo, a embarcación de Diz-Martínez lograba colarse na final pola loita das medallas, intentando acadar un éxito semellante ao do ano pasado, onde foron terceiros. Finalmente, os nosos padexeiros foron quintos, realizando unha boa regata.

Foto: Emilio Zaballa

Foto: Emilio Zaballa

Na mesma categoría pero femenina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas estaban dispostas a acadar un bo resultado. E así foi. na serie contrarreloxo lograron meterse na final A marcando o oitavo mellor tempo. Na loita polas medallas, estiveron pelxando polo bronce dende os primeiros compases, pero no último tramo acusaron o esforzo de anteriores probas e foron finalmente quintas, a dez segundos da medalla de bronce.

Foto: Emilio Zaballa

Foto: Emilio Zaballa

Na categoría Home Infantil B k-2, participaban os nosos padexeiros Bernabé Pais e Ismael Docampo que realizaron unha magnífica clasificación para a gran final, ao marcar o quinto mellor tempo na serie contrarreloxo, un quinto posto que finalmente repetiron na finalísima a escasos oito segundos na medalla de bronce. Magnífico resultado para estes dous palistas.

Na mesma categoría femenina, o Ribeiras do Tambre poñía na liña de saída dúas embarcacións, compostas por Sara Tomé e Ana Zaballa por una banda, e a Shenoa da Silva e Alicia Medina pola outra. Na serie contrarreloxo, a embarcacaión Tomé-Zaballa non tivo problemas para meterse na proba final pola loita das medallas, ao lograr o cuarto mellor tempo, mentres que a embarcación Da Silva-Medina quedouse fóra da final ao ser décimosegundas. Na gran final, a embarcación de Sara e Ana estivo a piques de lograr o cuarto metal para o Ribeiras do Tambre, que non puideron logran por tan só seis décimas de segundo. Magnífico resultado para estas dúas deportistas amienses.

11709755_406916956170147_5754705367369116939_o

Foto: Emilio Zaballa

11722164_406916136170229_8506734334234487784_o

Foto: Emilio Zaballa

E, por último, e como broche de ouro a este Campionato Galego de Pista Infantil, era o turno do k-4 Home Infantil A, con Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Alfredo Martínez, que estaban dispostos a repetir o título galego alcanzado a pasada temporada. Na serie contrarreloxo, os nosos padexeiros lograron o segundo mellor tempo con seis segundos máis que o k4 máis rápido da serie, clasificándose para a final e loitar así por repetir título. Na gran final, os nosos non escatimaron un ápice de esforzo e cruzaron a liña de meta proclamándose bicampións galegos, aumentando a catro os metais para o Ribeiras do Tambre.

11754744_406919572836552_6468138823441124703_o

Foto: Emilio Zaballa

Magníficos resultados dos nosos deportistas que nos auparon ao cuarto posto na clasificación femenina por clubs e ao noveno na clasificación masculina.

Case sen tempo para o descanso, a semana próxima, o club participará no Campionato de España de Pista de Jóvenes Promesas, que se vai a disputar no encoro avilesino de Trasona.

Gran traballo e noraboa a todos!

Foto: Emilio Zaballa

Foto: Emilio Zaballa

RESULTADOS:

Home Infantil A K-1
1º Gabriel Martínez
3º Ángel González
15º Rubén Tomé

Muller Infantil A K-1
6ª Lorena Viaño
15ª Andrea Tuñas

Home Infantil B K-1
13º Bernabé Pais
28º Ismael Docampo

Muller Infantil B K-1
21ª Belén Gosende
29ª Alicia Medina

Home Infantil A K-2
5º Gonzalo Diz – Juan A. Martínez

Muller Infantil A K-2
5ª Lorena Viaño – Andrea Tuñas

Home Infantil B K-2
5º Bernabé Pais González – Ismael Docampo Blanco

Muller Infantil B K-2
4ª Sara Tomé – Ana Zaballa
12ª Shenoa da Silva – Alicia Medina

Home Infantil A K-4
1º Gabriel Martínez – Ángel González – Gonzalo Diz – Juan A. Martínez

Muller Infantil A K-4
1ª Sara Tomé – Ana Zaballa – Shenoa da Silva – Belén Gosende

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s