Irene Mirás rumbo ao Mundial Júnior de Montemor

Irene Mirás participará dende este xoves no Mundial Júnior e Sub-23 de piragüismo, que se disputa na localidade portuguesa de Montemor O Velho, ata o próximo domingo.

Irene Mirás na pista de Montemor (Portugal)

Irene Mirás na pista de Montemor (Portugal)

A nosa padexeira internacional Irene Mirás xa está a Portugal, onde se vai a celebrar o Mundial Junior e Sub-23 dende o xoves ata o domingo. Irene, que participa na proba do K-4 femenino 500 metros Júnior, será a que inaugurará o campionato, pois participa na primeira carreira (primeira das tres series da proba) dun total de 236 que se van a celebrar. Irene terá como compañeiras de embarcación ás tamén galegas Raquel Dacosta e Camila Morison (Náutico Pontecesures) e a catalana Laia Pelachs (Natació Banyoles).

Lista de saída da primeira serie femenina do K-4 500 metros.

Lista de saída da primeira serie femenina do K-4 500 metros.

Nesta primeira serie (xoves, 9H00, horario local), a primeira embarcación terá acceso directo á final A, mentres que o resto de embarcacións terán que pasar polas semifinais (xoves, 15H30, hora local), onde as tres mellores de cada unha das dúas semifinais se clasificarán para a final pola loita das medallas, mentres que da cuarta a séptima, más o mellor oitavo tempo, pasarán á final B.

As finais, terán lugar o sábado 25, a partir das 9H00, hora local, onde desexamos que a nosa padexeira Irene estea entre as mellores do mundo. Mandámoslle todo o ánimo dende aquí, e sexa cal sexa o resultado, nos estamos orgullosísimos de ter no Ribeiras do Tambre a unha deportista, pero sobre todo a unha persoa, como Irene.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s