Irene Mirás, quinta no Mundial Júnior de Montemor

A padexeira do Ribeiras do Tambre compartía K-4 coas galegas Raquel Dacosta e Camila Morison e coa catalana Laia Pelachs.

11745734_971586956219169_4585257002353013660_n

O nosa deportista internacional Irene Mirás regresou de Montemor-O-Velho (Portugal) cun magnífico quinto posto, no Mundial Júnior e Sub-23. A embarcación española participaba na proba do K-4 femenino Júnior, na distancia dos 500 metros. A súa serie contrareloxo sería a proba inaugural do campionato, no xoves 23 de xullo, onde as deportistas españolas lograron o terceiro posto, clasificándose así para as semifinais.

No mesmo xoves, en horario de tarde, era o turno para as semifinais para Irene e as súas compañeiras. Encadradas na segunda semifinal, o obxectivo non era outro que lograr unha praza na finalísima e loitar polas medallas. E así foi. A embarcación logrou cruzar a liña de meta na segunda posición da súa semifinal, o que lles daría praza na gran final.

A final, tivo lugar o sabado ás 09H05 (horario local), onde as nosas competirían pola calle 2. As padexeiras españolas estiveron en todo momento loitando nas posicións de cabezas, pero finalmente, 7 décimas de segundo as separaron da medalla de bronce, e cruzaron a liña de meta en quinta posición. Un magnífico resultado para Irene e que abre as portas a participar no Campionato de Europa que se disputa a finais de verán. O ouro foi para a embarcación danesa, a prata para as rusas, Alemania foi bronce e as polacas finalizaron cuartas.

Sen dúbida, un magnífico resultado para estas padexeiras e, en particular, para a nosa deportista Irene, que ano tras ano, nos deleita cuns resultades espectaculares. Oxalá a Federación Española de Piragüismo aposte por esta embarcación de cara ao Europeo de Bascov (Rumanía), que se disputa do 17 ao 20 de setembro.

11709743_1639788379599718_279156812957119771_n 11751759_1639788306266392_5159356743115541606_n 11800283_10203301788385434_6695680080388806462_n

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s