Unha prata, un bronce e dous oitavos postos no Campionato de España de JJ.PP.

Prata para Gabriel Martínez, Ángel Gonzalez, Gonzalo Diz e Juan Martínez en K-4 Home Infantil e bronce para Gabriel Martínez en K-1 Home Infantil A.

IMG_2083

Foto: Emilio Medina

O Ribeiras do Tambre desprazouse a pasada fin de semana ao encoro asturiano de Trasona (Avilés) para participar no Campionato de España de Pista de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete. Á cita, acudían un total de 15 padexeiros amienses da categoría infantil.

Gabriel Martínez foi un dos grandes protagonistas do campionato, ao conseguir unha medalla de prata e outra de bronce. O K-4 infantil masculino de Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Martínez (proclamado a semana pasada Campións Galegos) lograron a pasada fin de semana o título de Subcampións de España logo dunha gran remontada nos últimos 200 metros da final.

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

A nivel individual, Gabriel Martínez (Campión Galego) facíase co bronce na proba do K-1 Infantil A, a un segundo da medalla de ouro e a unha décima de segundo da medalla de prata. Na mesma proba, Ángel González tamén fixo un magnífico papel, clasificándose para a gran final, onde os nove mellores padexeiros de España loitarían polo título de campión de España. Finalmente, Ángel foi oitavo, a menos de 5 segundos da medalla de bronce de Gabriel. Magníficos resultados para ámbolos dous.

IMG-20150729-WA0001

En categoría individual, tamén participou Lorena Viaño, na proba femenina Infantil A K-1. Tras pasar as serie contrarreloxo, nas semifinais Lorena tivo que conformarse con clasificarse para a Final C onde se designarían os postos entre o 19 e o 27. Na final C, Lorena finalizou en sexta posición, o que lle outorgaría o posto 23 na xeral do campionato.

Pola súa parte, Bernabé Pais foi o único representante nas probas individuais na categoría Infantil B, ao participar na proba do K-1. Na serie contrarreloxo, onde a presencia de cabezas de serie xa clasificadas limitaban a nove o número de prazas en semifinais, Bernabé fixo un bo papel, sabendo do complicado que estaba a clasificación para as semifinais, e foi 24º na serie contrarreloxo.

En canto as probas en embarcacións dobres, na proba do K-2 Home Infantil A participaban as nosas embarcacións representantes de Gonzalo Diz e Juan Martínez e de Rubén Tomé e Álvaro Fernández. Esta última non puido clasificarse para as semifinais ao rematar a serie contrarreloxo na 27ª posición, mentres a a de Gonzalo e Juan clasificábase para as semifinais, onde reservaron enerxías para o K-4 e tan só puideron cladificarse para a Final C. Na loita polos postos 19 a 27, foron finalmente novenos na súa final, o que significaba o 27º posto na xeral do campionato.

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

Na categoría femenina Infantil A, participaba a embarcación de Andrea Tuñas e Belén Gosende, que non tiveron problemas en clasificarse para as semifinais, nas que so restaban 17 prazas. Na súa semifinal lograron ser oitavas, o que lles garantizaba un posto na Final C, onde finalmente foron sextas (25ª posición na xeral do campionato).

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

Bernabé Pais e Ismael Docampo participaban na proba do K-2 Home Infantil B, onde xa clasificados directamente para as semifinais, non lograron praza nas finais, ao rematar séptimos na súa semifinal. Pola súa parte, na categoría femenina Infantil B K-2, Sara Tomé e Ana Zaballa clasificáronse para a gran final na loita polas medallas ao ser cuartas na súa semifinal. Na final, as nosas padexeiras lograron un magnífico oitavo posto. Na mesma proba, Shenoa Da Silva e Alicia Medina quedaron ás portas da final, ao ser séptimas na súa semifinal.

IMG_1473

Foto: Emilio Medina

IMG_1565

Foto: Emilio Medina

IMG_1758

Foto: Emilio Medina

Nas probas do K-4, aparte do mencionado subcampionato logrado en categoría masculina, participaron Lorena Viaño, Andrea Tuñas, Sara Tomé e Ana Zaballa na proba feminina. As amienses non tiveron problemas para meter a embarcación na final pola loita das medallas, ao ser cuartas na súa semifinal, co quinto mellor tempo de todas as semifinais. Na gran final, as nosas tiveron un problema co timón do K-4 o que orixinou unha caída na saída da proba, deixándoas totalmente desoladas. Nunca sabremos o que houberan logrado estas rapazas.

IMG_1910

Foto: Emilio Medina

IMG_2050

Foto: Emilio Medina

En canto á clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre, mermado por a inexistencia de deportistas cadetes neste campionato, logrou o posto 32, dun total de 90 clubs participantes de toda a xeografía nacional, sendo o décimoquinto club en número de medallas, e con Gabriel Martínez, como un dos padexeiros destacados do campionato.

Unha prata, un bronce e dous oitavos postos neste Campionato de España como broche de ouro a unha temporada sublime dos nosos padexeiros da categoría Infantil.

IMG_2074

Foto: Emilio Medina

Foto: Alfonso Martínez

Foto: Alfonso Martínez

IMG_2095

Foto: Emilio Medina

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s