Dúas pratas no Campionato Galego de Inverno

Alberto Viaño e Laura Mosquera proclamáronse subcampións galegos na súas respectivas categorías. Ademáis, Gabriel Martínez foi cuarto.

12828920_575806169261969_7885604323039318516_o

Tras o temporal da pasada fin de semana que obligou a aplazar o Campionato Galego de Inverno, o pasado domingo tivo lugar a primeira proba oficial do calendario galego. O Riberias do Tambre desplazouse ata o encoro David Cal de Verducido cun total de 13 padexeiros, para a disputa do Campionato Galego de Inverno, correspondente ás categorías Cadete, Junior, Senior e Veterano.

Os resultados foron moi positivos, tanto a nivel individual como a nivel de club. En categoría de veterano, Alberto Viaño (Home Veterano k-1 35-39) lograba proclamarse subcampión galego, logo dunha regata espectacular. Sen dúbida, todo un exemplo para os rapaces e rapazas do club. Moi boa regata tamén de Alfonso Martínez (Home Veterano k-1 45-49), que foi noveno cun amplo marxe sobre o peche de control. En categoría femenina, Laura Mosquera (Muller Veterana k-1 40-44) estrenábase nunha proba oficial no seu primeiro ano no mundo de piragüismo. E non o puido facer mellor, logrando a medalla de prata.

12829168_525288210986646_1100750795485451475_o

En categoría Senior, Andrea Tomé era a nosa única representante en Muller k-1. Tras o percorrido de 5000 metros, Andrea finalizou na posición 30.

Carlos Balsa e Martín del Río eran os representantes amienses na categoría Home Junior k-1. Ambos fixeron unha regata magnífica, entrando sen problemas no tempo de control. Carlos rematou no posto 14 e Martín no 20.

Finalmente, na categoría Cadete participaron ata sete padexeiros amienses, todos eles de primeiro ano, participando con padexeiros un ano máis “veteranos”. En categoría femenina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas tomaban a saída na proba do k-1, e ambas deportistas entraron en tempo de control, rematando nos postos 20 e 27 respectivamente. En categoría masculina, Gabriel Martínez finalizou ás portas da medalla de bronce, ao rematar na cuarta posición (primeiro cadete de primeiro ano). Pouco despois, cruzaba a liña de meta Ángel González na undécima posición (terceiro cadete de segundo ano). Pola súa parte, Gonzalo Diz tamén fixo unha moi boa regata, alcanzando o posto 22. Juan Alfredo Martínez tivo problemas na saída, pero finalizou no posto 53. Por último, David Otero, que se estrenaba nunha proba de carácter autonómico desde os seus inicios no pasado verán, fixo unha regata magnífica, finalizando no posto 89.

12496495_575808179261768_8429055622372589705_o

A nivel de clubs, o Ribeiras do Tambre foi oitavo en Home Cadete, décimo en Muller Cadete e undécimo en Home Junior dun total de 37 clubs de toda Galicia. En veteranos, o club amiense logrou o posto 15 en categoría masculina e o séptimo en categoría femenina.

Noraboa a todos e todas @s nos@s deportistas. Fantásticos resultados nesta primeira proba do ano. A seguir así!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s