O Ribeiras do Tambre parte cara Sevilla

O próximo fin de semana, Sevilla convértese no epicentro do piragüismo nacional coa disputa do Campionato de España de Inverno.

12801241_1043217642411644_227408014952097881_n

O Ribeiras do Tambre parte este xoves cara Sevilla, onde iniciará o calendario nacional coa proba do Campionato de España de Inverno. Un total de 10 padexeiros amienses ultiman as súas maletas para a viaxe á cidade do Guadalquivir.

Na categoría Veterano participarán Alberto Viaño, Alfonso Martínez e Laura Mosquera. Na categoría Senior, a representante amiense será Irene Mirás. Carlos Balsa tomará a saída na proba Junior e Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz, Lorena Viaño e Andrea Tuñas debutan na nova categoría nacional Cadete.

Martín del Río será baixa neste campionato por mor doutra viaxe programada.

De seguro que unha boa representación de amienses (familiares e amigos) acompañarán ao Ribeiras do Tambre nesta cita histórica, onde batirá todos os seus records en canto a número de participantes. Seguro que os resultados acompañan a estos grandes do piragüismo.

Moita sorte a tod@s!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s