Gabriel Martínez, bronce no Cto. de España de Inverno

Nova medalla para Gabriel que xunto co décimo posto de Ángel González foron os resultados máis destacados dos nosos en Sevilla.

12823490_782147581891697_4079226016395259483_o

A pasada fin de semana do 12 e 13 de marzo, disputouse en Sevilla o Campionato de España de Inverno, sobre a distancia de 5000 metros. O Ribeiras do Tambre desplazouse á cita cun record de deportistas: 10.

Os resultados máis destacados foron os acadados por Gabriel Martínez, que foi medalla de bronce na categoría Home Cadete B k-1. Na mesma proba, Ángel González foi décimo. Ademáis, Laura Mosquera, en categoría Muller Veterana 40-44 k-1 logrou un sexto posto.

2016_0312_22490800

Tamén en categoría Veteranos, Alberto Viaño foi 28º na categoría Home Veterano 35-39 k-1 e Alfonso Martínez logrou o posto 57 en Home Veterano 45-49 k-1.

Irene Mirás, que remaba na categoría Muller Senior k-1, logrou cruzar a liña de meta na 32ª posición.

Pola súa parte, Carlos Balsa (Home Juvenil k-1) non puido clasificarse para a final, ao quedar fora dos 70 primeiros (posto 80). Igual sorte tive Gonzalo Diz (Home Cadete B k-1) que na proba clasificatoria foi 47ª (só clasificaban os 30 primeiros), o mesmo que Lorena Viaño e Andrea Tuñas, en Muller Cadete B k-1, que remataron a serie clasificatoria nos postos 32 e 40 respectivamente.

A nivel de clubs, na categoría Cadete, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 31, dun total de 86 clubs de toda España. En categoría Junior, Sub-23 e Senior posto 76 (de 101 clubs) e en categoría Veteranos, logrou o posto 37 (de 103 clubs).

12823319_782168398556282_8173547010524099214_o

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s