Sección BTT

O Ribeiras do Tambre organiza saídas e quedadas dos deportistas do club e achegados dos mesmos. A nova sección terá unha pequena base de datos de distintas rutas a realizar pola zona. Así mesmo, realizaranse un mínimo de dúas saídas ao mes onde se reunirán os membros da sección para realizar unha actividade en común. Os días de saída ou quedada determinarase en función das ocupación dos membros, pero poderían establecerse durante un ou dous domingos pola mañá ao mes.

Tamén asistiremos a rutas populares de BTT, onde se realizará un calendario de rutas a asistir ao longo de todo o ano. Os membros da sección terán toda a información oportuna para que, no caso de ser do seu interese, participen na ruta. A intención é a de asistir, cando menos, a unha ruta ao mes. A inscripción de cada ruta correrá a cargo, tanto a tramitación coma o custo, de cada membro do club.

Cada deportista abonará o custo correspondente á licencia federativa. As licencias dos deportistas serán de categoría cicloturista, salvo que o deportista demande outra diferente. Para formar parte do club será obrigatorio tramitar dita licencia federativa.

A roupa específica da sección estará formada por maillot e culotte da marca Amura. Dita roupa haberá que solicitala aos responsables da sección para tramitar o cobro e o pedido da mesma. O resto de prendas deportivas (sudadera, panatalóns, polo…) comúns a todas as seccións, si se desexan, poderande adquirir na tenda deportiva AMESPORT, sita en Bertamiráns. Co fin de dar unha imaxe de equipo, será obrigatorio asistir ás rutas de BTT na que participe a sección coa vestimenta específica de ciclismo do club. Para poder comprar a roupa será necesario ter licencia federativa en vigor coa sección de piragüismo ou coa sección de BTT.

Máis información:

info@ ribeirasdotambre.es
tambrebtt@ gmail.com
678 838 328 (Fran)
625 398 575 (Alberto)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s