Gabriel Martínez, bronce no Cto. de España de Inverno

Nova medalla para Gabriel que xunto co décimo posto de Ángel González foron os resultados máis destacados dos nosos en Sevilla.

12823490_782147581891697_4079226016395259483_o

A pasada fin de semana do 12 e 13 de marzo, disputouse en Sevilla o Campionato de España de Inverno, sobre a distancia de 5000 metros. O Ribeiras do Tambre desplazouse á cita cun record de deportistas: 10.

Os resultados máis destacados foron os acadados por Gabriel Martínez, que foi medalla de bronce na categoría Home Cadete B k-1. Na mesma proba, Ángel González foi décimo. Ademáis, Laura Mosquera, en categoría Muller Veterana 40-44 k-1 logrou un sexto posto.

2016_0312_22490800

Tamén en categoría Veteranos, Alberto Viaño foi 28º na categoría Home Veterano 35-39 k-1 e Alfonso Martínez logrou o posto 57 en Home Veterano 45-49 k-1.

Irene Mirás, que remaba na categoría Muller Senior k-1, logrou cruzar a liña de meta na 32ª posición.

Pola súa parte, Carlos Balsa (Home Juvenil k-1) non puido clasificarse para a final, ao quedar fora dos 70 primeiros (posto 80). Igual sorte tive Gonzalo Diz (Home Cadete B k-1) que na proba clasificatoria foi 47ª (só clasificaban os 30 primeiros), o mesmo que Lorena Viaño e Andrea Tuñas, en Muller Cadete B k-1, que remataron a serie clasificatoria nos postos 32 e 40 respectivamente.

A nivel de clubs, na categoría Cadete, o Ribeiras do Tambre logrou o posto 31, dun total de 86 clubs de toda España. En categoría Junior, Sub-23 e Senior posto 76 (de 101 clubs) e en categoría Veteranos, logrou o posto 37 (de 103 clubs).

12823319_782168398556282_8173547010524099214_o

Anuncios

O Ribeiras do Tambre parte cara Sevilla

O próximo fin de semana, Sevilla convértese no epicentro do piragüismo nacional coa disputa do Campionato de España de Inverno.

12801241_1043217642411644_227408014952097881_n

O Ribeiras do Tambre parte este xoves cara Sevilla, onde iniciará o calendario nacional coa proba do Campionato de España de Inverno. Un total de 10 padexeiros amienses ultiman as súas maletas para a viaxe á cidade do Guadalquivir.

Na categoría Veterano participarán Alberto Viaño, Alfonso Martínez e Laura Mosquera. Na categoría Senior, a representante amiense será Irene Mirás. Carlos Balsa tomará a saída na proba Junior e Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz, Lorena Viaño e Andrea Tuñas debutan na nova categoría nacional Cadete.

Martín del Río será baixa neste campionato por mor doutra viaxe programada.

De seguro que unha boa representación de amienses (familiares e amigos) acompañarán ao Ribeiras do Tambre nesta cita histórica, onde batirá todos os seus records en canto a número de participantes. Seguro que os resultados acompañan a estos grandes do piragüismo.

Moita sorte a tod@s!

Dúas pratas no Campionato Galego de Inverno

Alberto Viaño e Laura Mosquera proclamáronse subcampións galegos na súas respectivas categorías. Ademáis, Gabriel Martínez foi cuarto.

12828920_575806169261969_7885604323039318516_o

Tras o temporal da pasada fin de semana que obligou a aplazar o Campionato Galego de Inverno, o pasado domingo tivo lugar a primeira proba oficial do calendario galego. O Riberias do Tambre desplazouse ata o encoro David Cal de Verducido cun total de 13 padexeiros, para a disputa do Campionato Galego de Inverno, correspondente ás categorías Cadete, Junior, Senior e Veterano.

Os resultados foron moi positivos, tanto a nivel individual como a nivel de club. En categoría de veterano, Alberto Viaño (Home Veterano k-1 35-39) lograba proclamarse subcampión galego, logo dunha regata espectacular. Sen dúbida, todo un exemplo para os rapaces e rapazas do club. Moi boa regata tamén de Alfonso Martínez (Home Veterano k-1 45-49), que foi noveno cun amplo marxe sobre o peche de control. En categoría femenina, Laura Mosquera (Muller Veterana k-1 40-44) estrenábase nunha proba oficial no seu primeiro ano no mundo de piragüismo. E non o puido facer mellor, logrando a medalla de prata.

12829168_525288210986646_1100750795485451475_o

En categoría Senior, Andrea Tomé era a nosa única representante en Muller k-1. Tras o percorrido de 5000 metros, Andrea finalizou na posición 30.

Carlos Balsa e Martín del Río eran os representantes amienses na categoría Home Junior k-1. Ambos fixeron unha regata magnífica, entrando sen problemas no tempo de control. Carlos rematou no posto 14 e Martín no 20.

Finalmente, na categoría Cadete participaron ata sete padexeiros amienses, todos eles de primeiro ano, participando con padexeiros un ano máis “veteranos”. En categoría femenina, Lorena Viaño e Andrea Tuñas tomaban a saída na proba do k-1, e ambas deportistas entraron en tempo de control, rematando nos postos 20 e 27 respectivamente. En categoría masculina, Gabriel Martínez finalizou ás portas da medalla de bronce, ao rematar na cuarta posición (primeiro cadete de primeiro ano). Pouco despois, cruzaba a liña de meta Ángel González na undécima posición (terceiro cadete de segundo ano). Pola súa parte, Gonzalo Diz tamén fixo unha moi boa regata, alcanzando o posto 22. Juan Alfredo Martínez tivo problemas na saída, pero finalizou no posto 53. Por último, David Otero, que se estrenaba nunha proba de carácter autonómico desde os seus inicios no pasado verán, fixo unha regata magnífica, finalizando no posto 89.

12496495_575808179261768_8429055622372589705_o

A nivel de clubs, o Ribeiras do Tambre foi oitavo en Home Cadete, décimo en Muller Cadete e undécimo en Home Junior dun total de 37 clubs de toda Galicia. En veteranos, o club amiense logrou o posto 15 en categoría masculina e o séptimo en categoría femenina.

Noraboa a todos e todas @s nos@s deportistas. Fantásticos resultados nesta primeira proba do ano. A seguir así!

Primeira toma de contacto – Piragua-Cross

Un total de 14 padexeiros do Ribeiras do Tambre participaron o pasado sábado no Piragua-Cross, primeira toma de contacto coa competición da temporada.

12241373_734538796652576_1770039324144852271_n

O pasado sábado tivo lugar en Pontevedra a proba amigable do Piragua-Cross, onde as categorías superiores tiveron a súa primeira toma de contacto coa competición nesta nova temporada. A proba consistía nun carreira a pé de 6 km. continuada dun percorrido de 8 km. sobre a piragua para rematar cruzando a liña de meta cun porteo de carreira e piragua.

Como se trataba dunha proba totalmente amigable, non houbo medallas nin trofeos para os gañadores, onde o importante era participar e testear a forma física dos padexeiros galegos.

O resultados dos nosos deportistas foron os seguintes:

HOME CADETE K-1

7º – Ángel González
15º – Gonzalo Diz
22º – Juan Alfredo Martínez
27º – Rubén Tomé
SC – Gabriel Martínez

MULLER CADETE K-1

9ª – Lorena Viaño
13ª – Andrea Tuñas

HOME JUNIOR K-1

4º – Carlos Balsa
11º – Martín del Río
12º – Pedro Cantelar
20º – Marcos Pérez

MULLER SENIOR K-1

3ª – Andrea Tomé

HOME VETERANO K-1

5º – Alberto Viaño

MULLER VETERANA K-1

1ª – Laura Mosquera

11054519_734538876652568_7554098089631858895_n 12239754_734539013319221_6891715052943784622_n

Tres de tres para Gabriel Martínez, Lorena Viaño e Luís Guilbert

Ouros de Lorena Viaño, Luís Guilbert e Gabriel Martínez que os converten nos mellores padexeiros da provincia nas súas respectivas categorías.

11791998_697495313690258_974632815569427632_o

Foto: Ruth Pachón

Catro ouros, dúas pratas e tres bronces na terceira regata da Liga Provincial, disputada en Miño o pasado domingo 9 de agosto. O club repetiu o terceiro posto logrado no día anterior en Pontedeume o que o converte nun dos grandes favoritos para rematar no podium da Liga Provincial, “pelexando” co Betanzos pola terceira posición.

IMG_2128

Foto: Emilio Medina

IMG_2142

Foto: Emilio Medina

IMG_2300

Foto: Emilio Medina

IMG_2308

Foto: Emilio Medina

IMG_2604

Foto: Emilio Medina

Estes foros todos os resultados dos nosos padexeiros:

HOME CADETE K-1

27º Pedro Cantelar
30º Marcos Pérez

HOME INFANTIL A K-1

1º Gabriel Martínez
2º Ángel González
3º Gonzalo Diz
—–
4º Juan Alfredo Martínez
11º Rubén Tomé
17º Álvaro Fernández
19º David Otero

HOME INFANTIL B K-1

5º Berbané Pais
18º Ismael Docampo

HOME ALEVÍN A K-1

1º Luis Guilbert
—–
15º Antón Rivas
21º Daniel Pérez

HOME BENXAMÍN K-1

2º Brais Pérez
—–
4º Martín Antelo
27º Jonathan Neo
30º Manuel Rubial

MULLER INFANTL A K-1

1ª Lorena Viaño
3ª Andrea Tuñas

MULLER INFANTL B K-1

5ª Shenoa da Silva
6ª Ana Zaballa
7ª Belén Gosende
12ª Sara Tomé Moure
14ª Alicia Medina

MULLER ALEVÍN A K-1

1ª Laura Ardións

MULLER ALEVÍN B K-1

3ª Clara Zaballa
—–
5ª Carla Cantelar

MULLER BENXAMÍN K-1

6ª Lorena Pais
8ª Candela Esteban

Podes consultar todos os resultados na nosa sección de resultados da páxina web.

11226032_697495107023612_7929103289620099645_o

Foto: Alfonso Martínez

11807405_697495287023594_3649137005525064000_o

Foto: Alfonso Martínez

11807409_697495253690264_6041693725336080784_o

Foto: Alfonso Martínez

11807606_697495183690271_8737928124057430818_o

Foto: Alfonso Martínez

11816276_697495163690273_8783672436195728374_o

Foto: Alfonso Martínez

11872205_697495220356934_4837972061782543436_o

Foto: Alfonso Martínez

11 podiums para o Ribeiras do Tambre na 2ª Regata Provincial

Catro ouros, cinco pratas e dous bronces, os resultados máis destacados en Pontedeume.

IMG_2694

O sábado 8 de agosto, tivo lugar en Pontedeume a segunda regata da Liga Provincial, onde o Ribeiras do Tambre alcanzou o terceiro posto, grazas á participación de 31 deportistas do club. A destacar o debut de Manuel Rubial, que logrou un excepcional undécimo posto. Noraboa a todos!

Estes foros todos os resultados dos nosos padexeiros:

HOME CADETE K-1

5º Martín del Río
17º Marcos Pérez
26º Pedro Cantelar

HOME INFANTIL A K-1

1º Gabriel Martínez
2º Ángel González
3º Gonzalo Diz
—–
6º Juan Alfredo Martínez
9º Rubén Tomé
17º Álvaro Fernández
21º David Otero

HOME INFANTIL B K-1

3º Berbané Pais
—–
6º Ismael Docampo

HOME ALEVÍN A K-1

1º Luis Guilbert
—–
SC Daniel Pérez

HOME BENXAMÍN K-1

1º Martín Antelo
2º Brais Pérez

—–
11º Manuel Rubial
21º Rocco Esteban
23º Jonathan Neo

MULLER INFANTL A K-1

1ª Lorena Viaño
—–
4ª Andrea Tuñas

MULLER INFANTL B K-1

2ª Ana Zaballa
—–
4ª Shenoa da Silva
8ª Sara Tomé Moure
10ª Belén Gosende
11ª Alicia Medina

MULLER ALEVÍN A K-1

2ª Laura Ardións

MULLER ALEVÍN B K-1

2ª Clara Zaballa
—–
9ª Carla Cantelar

MULLER BENXAMÍN K-1

5ª Lorena Pais
8ª Candela Esteban

Podes consultar todos os resultados na nosa sección de resultados da páxina web.

10 podiums na 1ª Regata Provincial para o Ribeiras do Tambre

Cinco ouros, dúas pratas e tres bronces, como resultados máis destacados dos padexeiros amienses en Boiro.

11807239_410875979107578_4934100281242908923_o

Foto: Emilio Zaballa

O Ribeiras do Tambre desprazouse o sábado 1 de agosto ata Boiro, para a disputa da primeira das regatas da Liga Provincial da Coruña 2015. O club acudiu á cita, cun total de 29 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Por clubs, o Ribeiras do Tambre finalizou na quinta posición. Cabe destacar aos debutantes Candela Esteban, Lorena Pais, Pablo Gosende, Rocco Esteban, Martín Antelo, Jonathan Neo, Martín Cancela, Martín Antelo, Daniel Bello, David Otero e Marcos Pérez, que fixeron un magnífico papel nas súas respectivas regatas e disfrutaron ao máximo, desta súa primeira experiencia nunha regata. Noraboa a tod@s!

IMG_2114

Foto: Emilio Medina

IMG_2306

Foto: Emilio Medina

11807502_410876079107568_8935567532822936495_o

Foto: Emilio Zaballa

11816175_410876009107575_1896240893477293206_o

Foto: Emilio Zaballa

Estes foros todos os resultados dos nosos padexeiros:

HOME CADETE K-1

7º Martín del Río
21º Pedro Cantelar
34º Marcos Pérez

HOME INFANTIL A K-1

1º Gabriel Martínez
2º Ángel González
3º Gonzalo Diz
—–
6º Juan Alfredo Martínez
19º David Otero
SC Álvaro Fernández

HOME INFANTIL B K-1

19º Berbané Pais

HOME ALEVÍN A K-1

1º Luis Guilbert
—–
17º Antón Rivas
19º Martín Cancela
21º Daniel Pérez

HOME BENXAMÍN K-1

1º Martín Antelo
—–
14º Rocco Esteban
16º Jonathan Neo
30º Pablo Gosende

MULLER INFANTL A K-1

1ª Lorena Viaño
3ª Andrea Tuñas

MULLER INFANTL B K-1

3ª Belén Gosende
—–
5ª Shenoa da Silva
8ª Alicia Medina
11ª Ana Zaballa

MULLER ALEVÍN A K-1

2ª Laura Ardións

MULLER ALEVÍN B K-1

1ª Clara Zaballa
—–
9ª Carla Cantelar

MULLER BENXAMÍN K-1

5ª Lorena Pais
12ª Candela Esteban

Podes consultar todos os resultados na nosa sección de resultados da páxina web.

11707921_694388600667596_609644887450078704_o

Foto: Emilio Zaballa

11709818_694388110667645_1187286168212566527_o

Foto: Emilio Zaballa

11754585_694388250667631_21272612579242607_o

Foto: Emilio Zaballa

11794559_694388557334267_9070442747827079006_o

Foto: Emilio Zaballa

11794581_694388414000948_4665453068742883281_o

Foto: Emilio Zaballa

11823150_694388370667619_3904416135563970141_o

Foto: Emilio Zaballa

11834929_694388330667623_5458279731497884948_o

Foto: Emilio Zaballa

Unha prata, un bronce e dous oitavos postos no Campionato de España de JJ.PP.

Prata para Gabriel Martínez, Ángel Gonzalez, Gonzalo Diz e Juan Martínez en K-4 Home Infantil e bronce para Gabriel Martínez en K-1 Home Infantil A.

IMG_2083

Foto: Emilio Medina

O Ribeiras do Tambre desprazouse a pasada fin de semana ao encoro asturiano de Trasona (Avilés) para participar no Campionato de España de Pista de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete. Á cita, acudían un total de 15 padexeiros amienses da categoría infantil.

Gabriel Martínez foi un dos grandes protagonistas do campionato, ao conseguir unha medalla de prata e outra de bronce. O K-4 infantil masculino de Gabriel Martínez, Ángel González, Gonzalo Diz e Juan Martínez (proclamado a semana pasada Campións Galegos) lograron a pasada fin de semana o título de Subcampións de España logo dunha gran remontada nos últimos 200 metros da final.

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

A nivel individual, Gabriel Martínez (Campión Galego) facíase co bronce na proba do K-1 Infantil A, a un segundo da medalla de ouro e a unha décima de segundo da medalla de prata. Na mesma proba, Ángel González tamén fixo un magnífico papel, clasificándose para a gran final, onde os nove mellores padexeiros de España loitarían polo título de campión de España. Finalmente, Ángel foi oitavo, a menos de 5 segundos da medalla de bronce de Gabriel. Magníficos resultados para ámbolos dous.

IMG-20150729-WA0001

En categoría individual, tamén participou Lorena Viaño, na proba femenina Infantil A K-1. Tras pasar as serie contrarreloxo, nas semifinais Lorena tivo que conformarse con clasificarse para a Final C onde se designarían os postos entre o 19 e o 27. Na final C, Lorena finalizou en sexta posición, o que lle outorgaría o posto 23 na xeral do campionato.

Pola súa parte, Bernabé Pais foi o único representante nas probas individuais na categoría Infantil B, ao participar na proba do K-1. Na serie contrarreloxo, onde a presencia de cabezas de serie xa clasificadas limitaban a nove o número de prazas en semifinais, Bernabé fixo un bo papel, sabendo do complicado que estaba a clasificación para as semifinais, e foi 24º na serie contrarreloxo.

En canto as probas en embarcacións dobres, na proba do K-2 Home Infantil A participaban as nosas embarcacións representantes de Gonzalo Diz e Juan Martínez e de Rubén Tomé e Álvaro Fernández. Esta última non puido clasificarse para as semifinais ao rematar a serie contrarreloxo na 27ª posición, mentres a a de Gonzalo e Juan clasificábase para as semifinais, onde reservaron enerxías para o K-4 e tan só puideron cladificarse para a Final C. Na loita polos postos 19 a 27, foron finalmente novenos na súa final, o que significaba o 27º posto na xeral do campionato.

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

Na categoría femenina Infantil A, participaba a embarcación de Andrea Tuñas e Belén Gosende, que non tiveron problemas en clasificarse para as semifinais, nas que so restaban 17 prazas. Na súa semifinal lograron ser oitavas, o que lles garantizaba un posto na Final C, onde finalmente foron sextas (25ª posición na xeral do campionato).

Foto: Emilio Medina

Foto: Emilio Medina

Bernabé Pais e Ismael Docampo participaban na proba do K-2 Home Infantil B, onde xa clasificados directamente para as semifinais, non lograron praza nas finais, ao rematar séptimos na súa semifinal. Pola súa parte, na categoría femenina Infantil B K-2, Sara Tomé e Ana Zaballa clasificáronse para a gran final na loita polas medallas ao ser cuartas na súa semifinal. Na final, as nosas padexeiras lograron un magnífico oitavo posto. Na mesma proba, Shenoa Da Silva e Alicia Medina quedaron ás portas da final, ao ser séptimas na súa semifinal.

IMG_1473

Foto: Emilio Medina

IMG_1565

Foto: Emilio Medina

IMG_1758

Foto: Emilio Medina

Nas probas do K-4, aparte do mencionado subcampionato logrado en categoría masculina, participaron Lorena Viaño, Andrea Tuñas, Sara Tomé e Ana Zaballa na proba feminina. As amienses non tiveron problemas para meter a embarcación na final pola loita das medallas, ao ser cuartas na súa semifinal, co quinto mellor tempo de todas as semifinais. Na gran final, as nosas tiveron un problema co timón do K-4 o que orixinou unha caída na saída da proba, deixándoas totalmente desoladas. Nunca sabremos o que houberan logrado estas rapazas.

IMG_1910

Foto: Emilio Medina

IMG_2050

Foto: Emilio Medina

En canto á clasificación final por equipos, o Ribeiras do Tambre, mermado por a inexistencia de deportistas cadetes neste campionato, logrou o posto 32, dun total de 90 clubs participantes de toda a xeografía nacional, sendo o décimoquinto club en número de medallas, e con Gabriel Martínez, como un dos padexeiros destacados do campionato.

Unha prata, un bronce e dous oitavos postos neste Campionato de España como broche de ouro a unha temporada sublime dos nosos padexeiros da categoría Infantil.

IMG_2074

Foto: Emilio Medina

Foto: Alfonso Martínez

Foto: Alfonso Martínez

IMG_2095

Foto: Emilio Medina