XXX Descenso do Tambre

Xa temos data oficial para a celebración da trixésima edición do Descenso do Tambre. Será o domingo 23 de agosto.

ORGANIZACIÓN.
A organización técnica do XXX Descenso do Tambre – Circuíto Praia Fluvial de Tapia, correspóndelle ao Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto coa Federación Galega de Piragüismo.

LUGAR, DATA E HORA.
Río Tambre, tramo comprendido entre Portomouro e a Praia Fluvial de Tapia, o domingo día 23 de agosto de 2015, a partir das 12:30 horas.

FORMACIÓN.
A proba está aberta a todos os clubs de piragüismo e seccións de piragüismo de entidades deportivas de toda España e que, tanto aqueles como os/as deportistas, cumpran a normativa de afiliación establecida pola Federación Galega e Española de Piragüismo para a tempada 2015.

EMBARCACIÓNS.
As embarcacións que poderán participar na proba serán: K­1 e C­1.

CATEGORÍAS.
As categorías serán as seguintes:

• Kaiak home: veterano, sénior, júnior e cadete.
• Kaiak muller: sénior, júnior e cadete.
• Canoas homes: sénior, júnior e cadete.

PUNTUACIÓNS E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS.
A efectos de puntuación por clubs, de cada modalidade, embarcación e categoría deberán tomar a saída, alomenos tres (3) embarcacións de dous clubs distintos. Para a toma de puntos na clasificación final por clubs, teranse en conta todas as embarcacións de cada modalidade e categoría con entrada en meta, sempre e cando sexa antes do peche de control, sendo a puntuación:

• 1º Clasificado 100 puntos
• 2º Clasificado 95 puntos
• 3º Clasificado 91 puntos
• 4º Clasificado 87 puntos
• 5º Clasificado 86 puntos
• 6º Clasificado 85 puntos
• … …

A puntuación será a mesma para todas as categorías e modalidades. A suma dos puntos alcalzados polas embarcacións de cada club determinará o número de puntos logrados por cada un deles.

INSCRICIÓNS.
Cada club poderá inscribir en cada proba o número de embarcacións e padexeiros/as que considere, sen límites, debendo estes estar en posesión da licenza federativa da presente tempada. As inscricións deberán ser realizadas mediante correo electrónico (kayak­canoa@fegapi.org) antes das 14:00 h. do mércores 19 de agosto. As anulacións e modificacións poderán facerse no horario de recollida de dorsais (das 11:00 horas ás 12:00 horas) nas instalacións da Praia Fluvial de Tapia, no mesmo día da regata.

ORDE E HORARIO DE SAÍDAS.
Saída desde Portomouro (Val do Dubra) e chegada na Praia Fluvial de Tapia (Ames).

• 12:30 h: K­1 HOME (veterano, sénior, júnior e cadete).
• 12:32 h: C­1 HOME (sénior, júnior e cadete).
• 12:34 h: K­1 MULLER (sénior, júnior e cadete).

DISTANCIA.
5.400 metros con porteo de 50 metros obrigatorio na Praia Fluvial de Tapia.

TEMPO DE CONTROL.
Estableceranse un tempo de control de oito (8) minutos para todas as categorías. Estes tempos estableceranse desde o paso do 1º clasificado/a.

PREMIOS.
Serán entregados trofeos aos deportistas das tres (3) primeiras embarcacións de cada modalidade e categoría establecidas no presente regulamento. Tamén se entregarán trofeos aos tres (3) primeiros clubs clasificados. A entrega de premios realizarase en torno ás 14:00 horas na Praia Fluvial de Tapia.

OUTRAS NORMAS.
Para as normas non recollidas no presente regulamento, serán de aplicación as recollidas na Copa Xunta de Galicia de Piragüismo, así como nas diferentes Ligas Galegas de Ríos e Travesías 2015. A participación dun club nesta regata implica a aceptación das presentes normas. A Federación Galega e os organizadores non se fan responsables dos danos que poidan causarse nas embarcacións e demais material dos participantes, tanto no traslado á regata como no seu desenvolvemento.

Recórdase a obrigatoriedade do uso do chaleco salvavidas para todos os/as padexeiros/as das categorías cadete e júnior. Aconséllase tamén o seu uso nas demais categorías. Lémbrase a obriga de levar sistemas de flotabilidade nas embarcacións.

INFORMACIÓN.
Para maior información poderán dirixirse ao Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre: 625 398 575 (Alberto), 626 644 037 (Fernando) / deportes@concellodeames.org ou á Federación Galega de Piragüismo: 986 84 21 06 / kayak­canoa@fegapi.org.

* Ao final da regata daráselle a cada participante unha bolsa con avituallamento.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s