Historia

1986-1995. O NACEMENTO.

Corría o ano 1986 cando se fundou o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre Ternera Galega. Os seus creadores foron José Ramón Mato, Maximino Viaño e Lino Berdullas. Ata entón, o piraguismo non era un deporte moi coñecido, e moito menos no Concello de Ames. Tras varios esforzos lograron crear o club xunto co patrocinio de Ternera Galega e o Concello de Ames.

A sede do club é a actual, a Praia Fluvial de Tapia. As instalacións coas que contaban os deportistas reducíase a un simple local de 30 metros cadrados para gardar o material. Non se dispoñían de vestiarios propios, pero eran utilizados os da area recreativa como tales.

Co nacemento do club, nace o Descenso do Río Tambre. Nestes primeiros anos a regata era oficial e mesmo chegou a ser Campionato Galego. O percorrido tamén variou respecto ao actual, a saída era dende a localidade de Portomouro e a chegada en Pontemaceira. Nestes primeiros anos todo semellaba ben, incluso se formaron importantes palistas, como Agustín Mato ou Ana Varela Iglesias. Pero como pasa con todo, aos anos de esplendor, lle seguen anos de oscuridade.

1995-2004. SEN INSTALACIÓNS E VOLTA A EMPEZAR.

Estes anos tivo lugar un acontecemento que sen dúbida marcou ao club. O galpón onde se gardaba o material sofre un curtocirtuito e todo o material queda calcinado. Piraguas, palas, chalecos salvavidas… todo quedaba reducido a nada. Tanto esforzo dos fundadores quedaba reducido a cinsas. Foi un golpe moi duro. Dun día a outro, os palistas quedaban sen material para entrenar e competir. Pero en todos os momentos malos sempre existe alguén que arrima o seu corpo e bota unha mán. Coa axuda de moitas persoas, o clube, 20 anos despois segue en pé. A Federación Galega de Piraguismo cedeu material ao club para que seguise en funcionamento, a Deputación de A Coruña promete unhas novas instalacións…

As novas instalacións comezáronse a construir en 1997 pero a empresa que as levantaba tivo problemas económicos e pechou. Outra vez sen instalacións. Tocaba cargar co material dun lado para outro, da casa de un para a casa de outro, sen vestiarios, baixo a choiva, así anos e anos. O Concello de Ames tampouco fixo o imposible por devolver unhas instalacións dignas. Nestes anos o club sufriu o baixa de moitos deportistas, así como de adestradores (Ramón, Miguel, Ángel…) Nestes anos colleu o equipo Alberto Viaño, actual adestrador do club.

Pero rápidamente o Concello de Brión acude na axuda e cede as súas instalacións de piragüismo situadas na cola do embalse Barrié de la Maza a cambio de cursos de iniciación ao piragüismo para os habitantes de Brión. Durantes uns anos o club “ocupou” estas instalacións. Rápidamente chegaron grandes resultados deportivamente. Cabe destacar unha prata de Ana Varela no Mundial Junior en Brasil e o seu ingreso na Blume de Madrid.

2004-HOXE. O REXURDIMENTO.

Estes últimos anos estiveron marcados polas novas instalacións. Chega ao poder de Ames un novo Goberno que, coa labor incansable da directiva do club, fixo posible que a Deputación de A Coruña reanudara as labores na construción das novas instalacións. No verán de 2004 comezan as obras e son inauguradas en Decembro dese mesmo ano. As tan ansiosas novas instalacións xa eran realidade. 400 metros cadrados con garaxe, oficinas, ximnasio…

Rapidamente chegaron os éxitos deportivos, victorias en regatas galegas, nacionais e internacionais… De todos ese éxitos o máis salientable foi aprata lograda por Manuel Angel Varela Fernández na Copa do Mundo de Maratón en xuño de 2005. Actualmente, e tras o proceso de envellecemento dos palistas, disponse dunha amplia canteira (alevíns e infantiles) que no 2009 álzanse co título galego na II Copa Galega de Alevíns e Benxamíns.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s